O comité de Alcoa ve roto o proceso de venda e votará o mércores retomar a folga
AMariñaXa
O comité de empresa de Alcoa anunciou hoxe que dan por roto o proceso de venda polo que vén de convocar unha nova asamblea de traballadores.
20 sep 2021
O comité de empresa de Alcoa anunciou hoxe que dan por roto o proceso de venda da factoría de Aluminio polo que vén de convocar unha nova asamblea de traballadores para este mércores, 22 de setembro, ás 12.00 horas.
A cita será novamente ante o Hórreo e nela estudaranse retomar as mobilizacións e a folga, que foron suspendidas durante todo este tempo para impulsar o proceso de venda.
O comité tiña aprazado o reinicio da folga ata este luns pero non tomará unha medida final sen contar co apoio do resto de traballadores.