O comité de Alcoa urxe á compañía a investir na ampliación do embalse ata a cota 104

AMariñaXa
Esta petición chega despois de que Sanidade aclare residuo perigoso ao material depositado no DBR
alcoa-balsa-lodos-vermellos
25 Xuño 2024

O comité de Alcoa pide que a compañía aprobe con urxencia a inversión do proxecto de ampliación do DBR ata a cota 104. Esta petición, chega despois de que Sanidade aclare residuo perigoso ao material depositado no DBR, ten como obxectivo empezar de inmediato a contratación das empresas concesionarias da obra e de conseguir os materiais e maquinaria.

Trátase dunha aprobación, sinalan, “necesaria para chegar a tempo á finalización das obras sen ter que para ou reducir máis a produción da planta”. Fan esta solicitude, en base ás información repetidas en diferentes reunións por parte da dirección da planta como por parte do presidente da compañía, debido á urxencia no comezo da ampliación do depósito e da posibilidade de aprobar definitivamente o presuposto de ampliación por parte de Alcoa.

0.18638300895691