O comité de Alcoa rexeita as “ameazas” de Oplinger: “Esiximos que se cumpra o firmado”
O futuro de Alcoa continúa a ser incerto. Con respecto ao proceso de venda, segundo informou o comité de empresa, descoñecen se se presentaron ofertas non vinculantes, xa que a compañía non foi informada ata o momento. “Esperemos que cantos antes convoquen unha reunión e nos digan que hai enriba da mesa”.
Por outro lado, tamén se pronuncian sobre as declaracións de William F. Oplinger, presidente de Alcoa. “Sobre as ameazas que lanzou se non se leva a cabo o proceso de venda que eles unilateralmente decidiron e que piden flexibilidade tanto a gobernos como a traballadores non se pode responder outra cousa. Flexibilidade tivemos durante moito tempo e actualmente a que está decindo que incumpre son eles e non nós”.
Piden, deste xeito, que se respecten os acordos. “O único que esiximos é que se cumpra cada un dos parágrafos do que teñen firmado”, sinalan dende o comité. “Non pode ser que estea con ameazas un señor que en menos dun ano firmou un acordo e avalou que se ían cumprir unha serie de inversións”.