O comité de Alcoa ofrece "paz social" se se negocia con Roy Harvey
O comité de empresa de Alcoa comunicou hoxe que están dispostos a ofrecer "paz social para todos", e non ter a media Europa pendente de eles.
Así o trasladou o presidente do comité, José Antonio Zan, e precisou que se o fan a través dos medios de comunicación é porque non teñen outras maneiras onde poder presentar esta proposta e que "chegue a Roy Harvey en EE.UU e ao Goberno central".
Zan manifestou que estan "dispostos a aliviar os 50 millóns de perdas que ten Alcoa actualmente debido ás restricións de saída de material no caso da planta de aluminio e da de alumina.
"Estamos dispostos de deixar de ser un lastre para a industria do aluminio de España e de Europa e cremos que Alcoa debe facer o mesmo, e por iso nos estamos dispostos a estudar as medidas sindicais adoptadas e que Alcoa debe aceptar sentarse a negociar cos dous gobernos en igualdade de condicións, coa SEPI (sociedade estatal de participacións industriais), que tentou comprala, para buscar unha saída", dixo Zan.
"Por iso pedimos que o interlocutor sexa con Roy Harvey, non pode haber outro, xa que todo ata o de agora fracasou", subliñou o presidente do comité.
Demandou tamén á Xunta de Galicia "un plan para poder investir na planta, actualizala e facer que o próximo comprador estea interesado en levar a cabo a compra". Isto, "debe ser durante as negociacións e o período de venda que está aberto".
Ademais, falou sobre a época covdi-19 na que en marzo se lles declarou esenciais e engadiu que "non se pode permitir ao estado español ni a outros europeros quedar sen subministración por unha multinacional ou un Goberno que ten unha inacción total sobre esta problemática". "Ou dan unha solución inmediata ou veremos a España abocada a un problema máis grave", alertou.
Tamén fixo foraza en que a folga "eliminarase cando esa posibilidade elimínese", en referencia aos despedimentos que polo momento a empresa mantén sobre a mesa. En calquera caso, ao comité non lle consta polo momento que enviase ningunha carta aos traballadores.
"Agora temos unha guerra montada, se eles queren buscar unha solución e un futuro para eles, para as comarcas, e para toda España, o que lles pedimos e que se senten a falr", concluiu.