O Comité de Alcoa informa de que tivo lugar a 18ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade

AMariñaXa
O Comité, representantes de Alcoa, o Goberno de España, a Xunta de Galicia e representantes de Transición Ecolóxica debateron en Madrid
alcoa-xunta-traballadores-reunion-decembro-2023
13 Xuño 2024

O Comité de Alcoa informa de que acaban de ter a 18ª reunión de seguimento do acordó de viabilidade no Ministerio de Industria de Madrid, na que participaron as administración e Alcoa.

Concretamente, participou parte do comisionado especial para o PERTE de Descarbonización Industrial, Luis Ángel Colunga; o delegado do Gobierno en Galicia, Pedro Blanco; a conselleira de Economía, Industria e Innovación de la Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, e representantes daa empresa e do comité de empresa.

Concretamente, a Xunta e o Ministerio firmaron un contrato de confidencialidade e estase traballando en dous procesos simultáneos: a venda, que é “un proceso incerto e cambiaron os tempos”; e a avaliación dunha posible continuidade, a pesar de que a empresa aduce perdas significativas nos vindeiros anos.

Así, durante la reunión, a compañía, presentou unha serie de ofertas non vinculantes para a posible venda do complexo industrial de San Cibrao. En este sentido, Alcoa solicitou que se amplíen os prazos do proceso porque as propias empresas pediron máis tiempo para concretar as súas propostas.

Álvaro, de Alcoa, explicou que a empresa contactou con 67 potenciais interesados e 1/3 firmaron un contrato de confidencialidade e que recibiron xa seis respostas non vinculantes, pero que non se poden considerar ofertas.

Por outra banda, na parte de refinería, Alcoa necesita certeza sobre o DBR, “continuamos co expediente tal como está e en paralelo continuamos coas análises do residuo. Alcoa analiza un incremento da produción para o que é necesaria unha aprobación inmediata da autorización de ampliación. Pola parte de Aluminio, Alcoa necesita unha competitividade no tema da enerxía, maximizando as compensacións por CO2 e ter certeza a medio prazo como crítico para poder funcionar. Todos lestes aspectos son fundamentais tanto para o posible comprador como para a continuidade da planta”, explica Álvaro.

Ao mesmo tempo, o Gobierno de España sostén que segue traballando e analizando medidas que favorezan unha solución pactada entre empresa e traballadores para o que pide a máxima colaboración e implicación á Xunta de Galicia e mantén un firme compromiso de continuar traballando para que un sector estratéxico como o aluminio en Galicia siga en España. Ademais, sostiveron que comezarán a contactar coa lista de compradores e participarán, coa Xunta, para garantizar a solvencia destes posibles compradores.

Mentres, desde o Comité quixeron preguntar a Alcoa: Que pasa co forno de cocción?; que é o que estades a estudar?; Cal é a situación do DBR en tempos?; como pensades cumprir o acordo de viabilidade que vai ata o 2027 se dicides que o diñeiro se termina no segundo semestre?; e por que non se arrincan máis cubas para mellorar os resultados financeiros e mantéñense os postos de traballo, como se fixo coas 32 do acordo que son rendibles grazas ao Comité? As preguntas non tiveron resposta.

Con respecto á transición ecolóxica, explican que non poden formar unha mesa técnica porque “estarían implicados os promotores. Hai problemas na tramitación de parques e é unha decisión política que ao subsecretario adxunto non compete pero que será trasladada aos seus maiores. É unha decisión para tomar que se tomará se hai interese”.

Finalmente, a Xunta de Galicia explicou que “cando decaeron os parques eólicos por caducidade, díxose que isto se ía a resolver en 1 mes. Hai unha desconexión entre o Ministerio de Transición e o Ministerio de Industria. Era imposible resolver este problema tal como estaba recollido no Real Decreto”.

Con respecto ao DBR, desde a Xunta sosteñen que Alcoa remitiu a información requirida para continuar co proceso, “polo que vai ser revisada e pasará a a Medio Ambiente para a elaboración da DIA (Declaración de Impacto Ambiental); e a continuación procederase á autorización. Pódese traballar en paralelo para nun futuro catalogar o residuo como non perigoso se as análises así o confirman”.

0.10838794708252