O comité de Alcoa demanda continuar coa producción

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este sábado a paralización de todas as actividades non esenciais desde o luns 30 de marzo e ata o xoves 9 de abril, ambos inclusive.
29 Mar 2020

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este sábado a paralización de todas as actividades non esenciais desde o luns 30 de marzo e ata o xoves 9 de abril, ambos inclusive.

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao quere coñecer o acordo do consello de ministros deste domingo sobre a paralización de servizos non esenciais e que lles afectaría á produción.

Desde a empresa de aluminio xa contactaron co Goberno para obter máis detalles sobre esta información. Pero ata hoxe non se coñecerán os decretos e todos os epígrafes para ver se nalgún deles encaixa a actividade de Alcoa.

Alcoa remitiu un escrito anunciando que non poden parar as cubas en electrolise, "polo menos non todas sen causar un dano irreparable". Tamén comunicaron que son os provedores de aluminio á central de Amorebieta, Sabiñánigo e Alicante.

Así, Zan, presidente do comité de Alcoa, prefire esperar a ver que recolle o BOE antes de pronunciarse. O comité insistía onte que é imposible realizar unha parada programada para o luns sen causar un dano irreversible para a fábrica. E confían en que o Pedro Sánchez teña en conta as características da fábrica e todas as medidas de prevención que se tomaron".

 

0.08237886428833