O comité de Alcoa convoca unha concentración polo aniversario do Casón

TerraChaXa | AMariñaXa
O comité de Alcoa convoca unha concentración polo aniversario do Casón
pp lugo ramón carballo e antonio ameijide
14 Dec 2020

O comité de Alcoa comvocou para o mércores 16 de decembro unha concentración conmemorativa da parada das cubas de electrólise polo incidente do Casón, no ano 1987.

Este acto celebrarase ás 21.00 horas fronte á casa da cultura de San Cibrao e servirá como novo acto de protesta ante o ERE presentado pola multinacional estadounidense, que suporía o despedimento de 524 traballadores.

O 5 de decembro de 1987 o buque Casón afundía fronte ás costas de Fisterra e cobrouse 28 vidas no mar. En terra, desatou un conflito laboral na fábrica da Mariña lucense, que era estatal, pois os traballadores negaronse a que o barco que transportaba bidóns cunha sustancia supostamente tóxica ata o porto de San Cibrao, entrara na fábrica pola súa perigosidade.

As medidas de oposición foron en aumento e o comité de empresa decidiu evacuar a planta mentres se realizaba o transvase dos bidóns, o que levou a parar dúas das cubas de electrolisis.

A compañía viu a situación como unha irresponsabilidade que supuxo perda millonarias e abriu un ERE para 574 traballadores ademais de despedimentos. Así, 23 integrantes do comité de empresa quedaron sen emprego pois o Tribunal entendeu que se era un despedimento procedente.

0.18985319137573