O comité de Alcoa confía nos acordos enerxéticos de Greenalia e Capital Energy

AMariñaXa
O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, informou que este venres Greenalia e General Energy reuniranse
vista aerea alcoa san cibrao
19 May 2022

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, informou que este venres Greenalia e General Energy reuniranse e "espera que cheguen a un acordo para a construción de parques eólicos na zona co fin de abaratar a factura enerxética".

Segundo Zan, "mañá venres sería o último día para asinar o acordo e Endesa sería o 30 de xuño", coa creación deses parques poderíase facer fronte a eses "2.400 millóns de megawatts que precisa a planta de San Cibrao ao ano".

"Se finalmente asinan unha PPA este 20 de maio sería unha boa noticia, xa que aseguraría a operación a longo prazo porque este tipo de parques eólicos son a dez anos e poden ser incluso máis", explicou Zan. Tamén informou de que se está a negociar a patencia polo consumo real de cada hora pois Alcoa consume uns 410 megawatts á hora e esta potencia é o 1,5 por cento do consumo nacional.

Finalmente confirmou que o próximo 2 de xuño haberá unha nova reunión da comisión de seguimento no Ministerio de Industria en Madrid.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19881892204285