O comezo escalonado do Fútbol Sala

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Importante representación dos equipos da provincia nas principais categorías, con tres nas femininas e outros dez nas masculinas
Ascenso-Pescados-Rubén-Burela-FS
15 sep 2024

O fútbol sala tamén volverá ás canchas pero no seu caso será de forma máis escalonada nun ano no que existe unha importante representación de equipos da provincia na elite deste deporte.

Galicia é unha potencia e Lugo contribúe a iso. 3 equipos nas dúas categorías femininas e 12 nas 5 masculinas son un número máis que representativo.

O Pescados Rubén Burela segue a ser o máximo referente cunhas laranxas que non paran de encadear triunfos e con eles tamén situados na Primeira División. Para elas o comezo está máis preto, a mediados de mes, mentres que eles terán que esperar ata outubro.

Xunto ao Burela está o Castro FSF tamén en Primeira, que logrou manterse na categoría. Estrearase, pola contra, en Segunda División feminina, o Vilalba FS, que logrou un ascenso histórico, ao igual que fixo o Lugo Sala na masculina, que se estrea na categoría de prata por primeira vez na súa corta historia.

Á Segunda División B regresa o Ribeira FS, que estará xunto ao Xove e o Vilalba.
Na Terceira división tamén hai representación importante, como o Insuas do Miño, que conserva a categoría finalmente logo da renuncia dun rival. Estarán xunto a este Begonte, Outeiro de Rei, PM Friol, San Xoán de Guitiriz e Praias de Barreiros. Os begontinos regresan á categoría mentres que o PM Friol está de estrea. Completan a lista dous equipos lugueses que se manteñen un ano máis na máxima categoría xuvenil, o Ribeira e o Lugo Sala.

A primeira en empezar será a Primeira feminina. A fin de semana do 15 será a vez dos xuvenís, a Segunda Divisón B e a Terceira. Seguirán a Segunda feminina e masculina e os últimos en unirse son os de Primeira División masculina. A Preferente tamén sairá ao parqué o 15.

A COPA DEPUTACIÓN

Mentres as ligas non comezan, os pavillóns contaron co movemento que achega a V Copa Deputación de Fútbol Sala, na que participan 40 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1ª Autonómica Feminina e que se disputará ata o 1 de novembro. Xogarán as dúas primeiras sesións a principios de setembro. A fin de semana do 12 de outubro e a ponte do 1 de novembro foron os días escollidos para completar a competición.

De Preferente e Primeira División Feminina participan nove equipos: Ribeira Lieders FS, Concello de Begonte FS, Grupo Forma-T Vilalba FS B, Praias de Barreiros CD, Burela Pescados Rubén B, Os Meigallos, FSF Castro Supexport B, SD Castroverde, Taboada Futsal.

De 3ª División Nacional Masculina e Preferente Masculina participan 12 equipos: Ribeira FS B, Outeiro de Rei SD, O Korreo Guitiriz FS, Insuas do Miño Rábade FS, Grupo Forma-T Vilalba FS B, Praias de Barreiros CD, Concello de Begonte FS, Fonsagrada FS, Os Meigallos FS, Club Deportivos Casás, PM Friol FS, ADC Lugo Sala  Automóbiles Losada B.

De Primeira e Segunda División Masculina participan 19 equipos: CD Chao, Castroverde FS, Samos FS, PM Friol FS B, Decotropic FS, O Korreo Guitiriz FS B, Outeiro de Rei SD B, Concello de Begonte FS B, Luisitalia, Cubelas, Puebla Futsal, Trabada Futsal, SD San Lázaro, Oural FS, Abella FC, FSF Castro Carnemax, A Lareira Os Meigallos FS  B, Club Lemos FS, Desguaces Herbón.

0.098373889923096