O comercio de Foz entrega os premios do Nadal Seguro

Foz
AMariñaXa
En Foz tivo lugar a entrega de premios ás tres gañadoras da campaña Nadal Seguro, organizada pola Deputación e pola Federación de Comercio.
acia foz premios
11 Feb 2021

En Foz tivo lugar a entrega de premios ás tres gañadoras da campaña Nadal Seguro, organizada pola Deputación e pola Federación de Comercio de Lugo. As afortunadas foron: Lucía Lage Vila, que recibiu unha tarxeta regalo de 300 euros, grazas a unha compra realizada en Xanela, Luisa Odogherty, recibiu outra tarxeta regalo de 300 euros, tras unha compra feita en Zapatería Carmen León; e Soledad González, obtivo unha tarxeta de regalo de 200 euros, grazas a unha compra en Alma Libre.

Os premios fóronlles entregados nas últimas horas por parte de AciaFozCCA. Todas as persoas que fixeron as compras nos comercio local de toda a provincia entre o 6 de decembro e o 6 de xaneiro puideron rexistralas na páxina web www.lugonadal.com e participar así no sorteo de 20 tarxetas regalo de 300 euros cada unha e de 20 tarxetas regalo de 200 euros cada unha.

0.079310894012451