O comercio de Burela inicia hoxe unha campaña de liquidación

AMariñaXa
Burela arrinca hoxe coa campaña Choio Weekend, unha iniciativa posta en marcha polo comercio burelés para incentivar as compras.
weekend choios burela_portada
11 Mar 2021

Burela arrinca hoxe coa campaña Choio Weekend, unha iniciativa posta en marcha polo comercio burelés para incentivar as compras e tras o éxito obtivo en Viveiro cunha actividade similar.

O obxectivo será ofertar grandes descontos entre os seus clientes con prezos lles animen na compra.

Participan un amplo número de negocios con tendas de téxtil, calzado e complementos, para os que será un modo de rematar o período de rebaixas alixerando o stock. Tamén participan ópticas, moblerías, mercerías, enxoval, roupa de cama, xoierías, estética,
salóns de peiteado, librerías, dietética ou telefonía.

A campaña alongarase ata o sábado e aprovéitase a proximidade do Día do Pai, o que pode aumentar as compras para eles, axudados tamén pola mellora na situación sanitaria.

weekend choios burela
0.18735218048096