O Combo Dominicano actuará o 7 de setembro nas festas de Portocelo en Xove

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
4 sep 2019

As festas de Portocelo de Xove na honra da Nosa Señora abranguen do 6 ao 8 de setembro e contarán co coñecido Combo Dominicano para a verbena do día 7.

Comezarán o 6 de setembro cunha gran churrascada ás 21 horas á que seguirá a verbena co grupo Ibiza e cunha disco móbil.

O día 7 de setembro, tralas bombas de palenque lanzadas ás 10 horas, haberá unha misa solemne e unha sesión vermú despois co grupo La Bamba. Ás 18 horas terá lugar o campionato de bolos e a verbena contará de novo con La Bamba e o Combo Dominicano, ademais dunha discoteca móbil.

Xa para rematar as festas, o 8 de setembro, tralas bombas de palenque e a misa, será o Dúo Zafiro o que poñe o broche de ouro a celebración.

0.19110488891602