O Colexio do Pilar de Foz celebrará o día do Bocata Solidario

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Dende o Colexio do Pilar de Foz informan que o próximo martes 3 de marzo celebrarán o día do Bocata Solidario, sumándose con esta iniciativa á campaña de solidariedade promovida en todo o mundo para axudar aos máis necesitados.
2 Mar 2020

Dende o Colexio do Pilar de Foz informan que o próximo martes 3 de marzo celebrarán o día do Bocata Solidario, sumándose con esta iniciativa á campaña de solidariedade promovida en todo o mundo para axudar aos máis necesitados. Todos os alumnos, persoal docente e non docente e quen o desexe xantarán no centro cun bocadillo.

Puxéronse á venda uns vales cun custo mínimo de 4 euros para todos os que quixeron colaborar. O servizo de comedor será a base de bocadillo e auga, e a recadación correspondente a ese día do comedor escolar será integramente para esta causa.

Os alumnos que fan uso deste servizo complementario diariamente poden colaborar tamén , se así o deciden, mercando o citado vale aos titores. Todos os que non pertenen ao comedor deberán mercar o devandito vale.

A parte dos alumnos e profesorado, quenqueira pode axudar mercando o vale e uníndose a toda a comunidade neste día.

Toda a recadación irá de novo destinada a axudar á ONG “MAKUA” http://www.ongmakua.com/index.html, esta organización pertence a nosa Congregación e está a desenvolver a súa labor en Mozambique e Kenia.

Coa recadación deste ano, seguiremos colaborando no mantemento do Colexio “Mother Paula School”, que tén a nosa Congregación en Kenia e que comezou a funcionar no ano 2012.

0.14224004745483