O Colectivo Pensamento e Sementeira organiza unha xornada de xogos

O Concello de Viveiro será escenario dunha tarde de diversión e convivencia familiar o sábado 13 de decembro, a partir das 17:30 horas, grazas á iniciativa do Colectivo Pensamento e Sementeira en colaboración con @brazolinda_xogos. A actividade, de acceso totalmente gratuíto, está pensada para que nenas, nenos e maiores poidan compartir momentos de lecer, reforzar os vínculos familiares e crear novas lembranzas arredor do xogo.
Segundo destacan os organizadores, a proposta busca ofrecer un espazo interxeracional, onde persoas de diferentes idades poidan interactuar nun ambiente acolledor e de calidade. A organización lembra que o aforo é limitado, polo que animan ás familias interesadas a asistir de xeito puntual para garantir a súa participación.
A xornada converterase nunha oportunidade única para gozar dunha tarde diferente, promover a relación entre xeracións e disfrutar dun tempo de calidade en familia, todo sen custo algún, reforzando así a aposta por actividades culturais e educativas no municipio.