O Colectivo Ollomao de Barreiros pon en marcha os Seráns de Cine
AMariñaXa
O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros pon en marcha unha nova iniciativa cultural para os domingos, trátase do ciclo de Seráns de Cine.
17 Nov 2022
O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros pon en marcha unha nova iniciativa cultural para os domingos, trátase do ciclo de Seráns de Cine.
Todas as sesión serán no centro social de San Cosme, nos Colexios Vellos de San Miguel e no centro social de Vilamarás ás 19.00 horas.
Malia que a primeira proxección xa foi o domingo 13 de novembro, o ciclo continuará con A Poeta Analfabeta o domingo 20 e o 4 de decembro con Jacinto, ambas nos Colexios Vellos, e o 11 de decembro con A Noiva de Medianoite no centro social de Vilamar.