O colectivo Barreiros Mar e Monte organiza unha andaina de Entroido
AMariñaXa
O colectivo Barreiros Mar e Monte organiza para o domingo 19 de febreiro unha nova andaina de Entroido por Castrillón.
9 Feb 2023
O colectivo Barreiros Mar e Monte organiza para o domingo 19 de febreiro unha nova andaina de Entroido por Castrillón. Esta ruta terá saída ás 8.30 horas dende Piedras Blancas e ás 11.00 horas será a ruta Santo Estevo do Ermo.
Ao mediodía haberá un xantar de Entroido no bar La Yenka de Barreiros a base de caldo, cocido, viño, sobremesa e café. Todo por un prezo de 25 euros. Ademais contarán con baile de disfraces e sorteo.
Dende a organización aconsellan levar roupa cómoda e de abrigo e tamén ir disfrazadoss. Será necesario anotarse chamando ao 622 758 079 ou no email barreirosmaremonte@gmail.com