O club VespaFaba & Clásicos Lourenzá organiza unha aventura a Cabo Norte, Noruega

AMariñaXa
O club VespaFaba & Clásicos Lourenzá presentar os actos de saída para a aventura Lourenzá-Cabo Norte, unha viaxe en Dyane 6 e Vespa 200
26 Maio 2022

O club VespaFaba&Clásicos Lourenzá organiza unha aventura sobre rodas que levará o nome do municipio ata terras de Noruega, concretamente a Nordkapp.

Dous aventureiros do club de clásicos de Lourenzá emprenderán unha apaixonante viaxe a bordo dun coche Dyane 6 e unha moto Vespa 200 dende a Terra da Faba.

A saída dos protagonistas desta aventura está prevista para este sábado, 28 de maio, ás 12.00 horas no Cantón. O venres 27 a partir das 8.00 horas inaugúranse os actos da saída cun espectáculo dun globo aerostático cautivo, estático, no Campo dos Bolos, cortesía de Íkaro Globos de Asturias que dará publicidade ao evento e que poderá verse ao lonxe, dende os concellos limítrofes.

0.090044021606445