O Club Remeros del Eo brilla en Zaragoza con dous subcampionatos de España en remoergómetro

AMariñaXa
A entidade de Vegadeo sumou tamén cinco medallas no Open de Remo Indoor
club-remeros-eo-maro-2025
20 Mar 2025

O Club Remeros del Eo destacou no Campionato de España de Remoergómetro, celebrado esta fin de semana en Zaragoza, acadando dúas medallas de prata na proba de 2000 metros. Os xuvenís Laura González Alzu e Carlos García Vinjoy lograron o segundo posto nas súas respectivas categorías. Laura marcou un tempo de 7:34,8, mentres que Carlos estableceu a súa mellor marca persoal con 6:23,8.

Ademais, Francisco Jesús San Martín competiu na proba de remo paralímpico, logrando un meritorio sexto posto.

De maneira paralela, no Open de Remo Indoor, disputado no Club Natación Helios, os representantes de Remeros del Eo sumaron cinco medallas máis: Laura González conseguiu dous ouros, Carlos García logrou unha prata e Paco San Martín outra.

O club de Vegadeo continúa demostrando o seu bo estado de forma e consolidándose como un referente no remo indoor a nivel nacional.

⚙ Configurar cookies
0.079439163208008