O Club Náutico de Ribadeo acolle unha actividade sobre o xacemento arqueolóxico
AMariñaXa
O Club Náutico de Ribadeo acolle o vindeiro 3 de setembro a partir das 8.00 horas unha actividade sobre o xacemento arqueolóxico
21 Ago 2022
O Club Náutico de Ribadeo acolle o vindeiro 3 de setembro a partir das 8.00 horas unha actividade sobre o xacemento arqueolóxico da Ría de Ribadeo.
Esta actividade estará a cargo do doutor Miguel San Claudio, arqueólogo investigador quen lidera a investigación do pecio coñecido como Santiago de Galiza.
Para participar será necesario contar co título de buceo e seguro, aínda que no caso de contar con este último poderase solicitar para esta xornada.
Para inscribirse haberá que achegarse ata a área de desenvolvemento local do Concello de Ribadeo ou chamando ao teléfono 982 128 650.