O Club Natación Xove logrou 16 medallas no Campionato Galego máster
O Club Natación Xove logrou 16 medallas no Campionato Galego máster disputado en Ponteareas. Foron catro de ouro, cinco de prata e sete de bronce.
Sabela Ben proclamouse vencedora nos 100 e 50 braza da categoría +30, ademais de levar o bronce nos 50 bolboreta. Nerea Isasti destacou nos 100 costas na división de maiores de 25 anos, obtendo o segundo posto nos 50 costas e o terceiro nos 50 libres, mentres que rematou cuarta nos 100 libres. Leticia González foi campioa galega de 50 bolboreta no grupo de 40 anos, subcampioa nos 50 costas e terceira nos 50 libres, e tamén rematou cuarta nos 50 braza.
Juanma Ferro alcanzou a prata nos 50 costas e 50 libres, rematando cuarto nos 100 costas e 100 libres, todo na categoría 25 anos. Patxi Xabier Isasti, na categoría +60, foi segundo nos 100 bolboreta, mentres que conseguiu tres medallas de bronce na categoría +30 nos 50 e 100 libres e 100 estilos, ademais de quedar quinto nos 50 bolboreta. Natalia Ben ocupou a cuarta praza nos 200 braza, a sexta nos 100 e 50 costas e a novena nos 100 libres +35. O relevo 4x50 estilos mixto obtivo o bronce, mentres que os equipos de 4x50 libres feminino e 4x50 libres mixto alcanzaron o quinto posto.