O club de trail cervense, A Fume de Carozo, organiza Gran Festa das Xeracións

AMariñaXa
O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 8 de abril a Gran Festa das Xeracións, organizada polo club de trail local A Fume de Carozo
festa das xeracions cervo
28 Mar 2023

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 8 de abril a Gran Festa das Xeracións, organizada polo club de trail local A Fume de Carozo, creado a principios deste ano, coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, e polos membros de A Fume de Carozo, Pepín, Beto e Alejandra.

A Fume de Carozo creouse como club en xaneiro deste ano, formado por un grupo de amigos aos que os une a paixón polo deporte ao aire libre, co obxectivo de “desfrutar xuntos da natureza pero tamén de compartir experiencia e pasar bos anacos entre amigos”, precisan. Así xurdiu esta Festa das Xeracións -apuntan-, como un complemento ás xuntanzas deportivas “coa intención de realizar unha xornada de convivencia e de reencontros entre persoas da mesma xeración, ou mesmo para forxar novas amizades, porque a cita está aberta a toda a poboación da Mariña”, apuntan.

Ese día está previsto un xantar preparado por Seiramar a base de empanada, lagostinos, carrilleiras asadas, sobremesa, bebida, café e chupito;  organizado, a priori, por xeracións, en función do ano de nacemento das persoas inscritas”. Haberá moita música, sorteos e moitas sorpresas durante a xornada.

As persoas interesadas teñen ata este venres para anotarse facendo unha transferencia de 35 euros ao número de conta ES8120800160463040012494, enviando o xustificante de pago por whatsapp ao número 634 36 82 94 (que xa non admite máis ingresos por bizum, ao superar o número máximo permitido nun mes por esta plataforma).

0.19531106948853