O Club de Lectura de Alfoz retoma a súa actividade

AMariñaXa
Lectores e lectoras reencontraranse cada quince días para compartir libros, experiencias e charlas con autores
biblioteca-alfoz
17 Sep 2025

O Concello de Alfoz anuncia a volta do seu Club de Lectura, unha iniciativa pensada para aquelas persoas que queren compartir a súa paixón polos libros e enriquecer a súa experiencia literaria a través do diálogo.

As reunións celebraranse os xoves, cada 15 días, ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Alfoz. Cada mes, os participantes comentarán unha obra diferente, completando a actividade con visitas e charlas de autores e autoras que achegarán novas perspectivas sobre a lectura.

A inscrición é sinxela e pódese realizar chamando ao 982 57 12 70 ou achegándose directamente á Biblioteca Municipal. Dende o Concello animan a toda a veciñanza a sumarse e formar parte desta comunidade lectora.

⚙ Configurar cookies
0.069105863571167