O club de lectura de Alfoz está de volta
									AMariñaXa								
			O grupo achegará unha historia diferente cada mes e realizarán quedadas os xoves cada 15 días
 					
					
20 Oct 2024
			
				
Neste mes de outubro o Club de Lectura da Biblioteca de Alfoz está de volta. Deste xeito, animan a todos os interesados e interesadas a pedir información sobre esta proposta. O grupo achegará unha historia diferente cada mes e realizarán quedadas os xoves cada 15 días para comentar os libros e ofrecer así nalgúns casos unha oportunidade de charlar sobre o libro co seu propio autor. Os interesados poden pedir máis información na biblioteca ou no 982 571 270