O Club de Lectura da Biblioteca de Alfoz realizará unha homenaxe a Domingo Villar

AMariñaXa
O Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Alfoz realizará unha lectura conxunta como homenaxe a Domingo Villar
Domingo Villar escritor
13 Xuño 2022

O Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Alfoz realizará unha lectura conxunta da obra Algúns contos completos como homenaxe a Domingo Villar, gran escritor que recentemente faleceu.

Como mostra de dor polo seu pasamento e de recoñecemento a súa obra e a súa persoa realizarase esta actividade aberta a todo quen queira participar e acompañar ao Club na derradeira actividade antes das vacacións de verán.

Éste acto homenaxe será o xoves 30 de xuño ás 18.00 horas no parque alcalde José Palmeiro.

0.097521066665649