O Club de Bolos Xove triunfa no IX Torneo Intercontinental de Bolo Celta
O Club de Bolos Xove destaca no IX Torneo Intercontinental de Bolo Celta en Nigrán, Val Miñor. Máis de 50 xogadores de Latinoamérica e España déronse cita en Nigrán para competir no torneo, e os resultados obtidos polos xogadores do Club de Birlos Xove son excelentes.
Na categoría individual, Daniel Alonso López alzouse como Subcampión Intercontinental 2024, tras unha emocionante partida que o enfrontou ao recoñecido J. M. Torres do Club de Birlos San Cibrán de Gondomar. Na categoría de seleccións, a Selección Galega, composta polos xovenses Miguel López e Francisco Pérez, o baionés Adrian Rodriguez e o nigranés Cristian Lebedynski, coroouse como Subcampioa Intercontinental 2024.
Ademais, a Selección de Lugo, integrada polos catro xogadores xovenses Daniel Alonso, Andrés Rodríguez, Cristian Rodríguez e Ginés Rodríguez, logrou unha destacada cuarta posición final. Estes incribles resultados son un testemuño do talento, esforzo e dedicación dos xogadores do Club de Bolos Xove.