O Club de Atletismo Ría de Foz participou no Campionato Galego de Campo a través absoluto

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
10 Feb 2020

Os atletas do club focego Ría de Foz desprazaronse ata o Concello de Narón para participar no Campionato Galego absoluto de campo a través, organizado pola Federación Galega de Atletismo.

Esta participación é unha data histórica para o Club, posto que é a primeira do Ría de Foz na final dun campionato galego de carácter federado. Ademais, foi a representación máis ampla dos clubs da comarca da Mariña.

O equipo feminino estivo composto por Rosalía Rodríguez-Gigirey, Ana Lorenzo, Esmeralda Cuba e Carolina Geneiro. A representación masculina do noso Club correu a cargo de Antonio Díaz, Manuel Eiras e Marcos Loureiro. Todos souberon estar á altura do que a competición demandaba.

Experiencia moi positiva a de compartir os 10K do circuíto co mellor do panorama galego do atletismo. Aí segue o proxecto sumando quilómetros, traballando a canteira, representando a Foz en todos os recunchos aos que nos desprazamos e facendo que este proxecto non deixe de medrar.

 

0.20187401771545