O Club de Atletismo de Lourenzá presenta o seu equipo para esta tempada
AMariñaXa
A entidade que preside Fernando Lago pretende seguir na mesma liña que en tempadas anteriores

20 Oct 2025
O Club Atletismo Lourenzá presentou o seu equipo para a tempada 2025-2026, na que contará con cinco corredores federados. O acto celebrouse na casa do concello de Lourenzá.
O club que preside Fernando Lago pretende seguir na mesma liña que en tempadas anteriores, “participando en todas as carreiras que sexa posible”. Na campaña 2024-2025 houbo representantes do club laurentino en 167 probas.