O Club Clásicos Viveiro prepara unha nova edición do seu rally
AMariñaXa
O Club Clásicos Viveiro informou da nova edición do Rally Club Clásicos Viveiro que se celebrará o 20 de maio de 2023.
23 Apr 2023
O Club Clásicos Viveiro informou da nova edición do Rally Club Clásicos Viveiro que se celebrará o 20 de maio de 2023. Este ano o rally chega a súa cuarta edición e será puntuable para o campionato Talleres Km0 e o trofeo Talleres Tuille.
O campionato Km0 consta de tres rallies sen posibilidade de descartar ningún para optar aos seus premios, os mesmos son o II Rally Concello de Ourol xa disputado, o IV Rally Club Clásicos Viveiro e o II Rally Concello do Vicedo.
Tamén informaron de que o día 14 de maio abrirán as inscricións para a participación.