O Club Clásicos de Viveiro cancela a quinta edición do seu rally

AMariñaXa
O Club Clásicos de Viveiro organizaba unha nova edición do seu rally, que chegaba a súa quinta convocatoria con 10 tramos e un percorrido de 240 quilómetros.
14 May 2024

O Club Clásicos de Viveiro organizaba unha nova edición do seu rally, que chegaba a súa quinta convocatoria con 10 tramos e un percorrido de 240 quilómetros. Finalmente, cancelan a cita, que sería o 18 de maio, por non chegar á inscrición mínima para poder levar a cabo o evento con garantías

“É un momento moi triste para toda a organización despois de organizar 8 Rallys de regularidade, sempre atopamos pedras no camiño as cales logramos sortear pero esta pedra fíxonos tropezar e caer ata o máis profundo”, explican.

Dende a organización lamentan todos os inconvenientes que puideran causar aos participantes rexistrados aos que se lles devolve a inscrición integra, aos patrocinadores e a todas as institucións. “É o momento de parar e pensar todo o que levamos feito darnos un tempo e estudar se isto é receso ou un final como organizadores deste tipo de probas”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19362211227417