O Club Balonmán Panadería de Covas organiza unha tarde de actividades
AMariñaXa
O Club de Balonmán Panadería Covas de Viveiro organiza o sábado 28 de maio unha tarde de actividades deportivas.
21 Maio 2022
O Club de Balonmán Panadería Covas de Viveiro organiza o sábado 28 de maio, a partir das 16.00 no pavillón municipal de Viveiro unha tarde de actividades deportivas.
Así, pecharán a tempada con diferentes actividades para o desfrute dos pequenos e comezarán co I Torneo Escolas Deportivas Balonmán Viveiro ás 16.00 horas onde os pequenos xogarán varios encontros de minibalonmán.
Acto seguido, ás 18.00 horas, será o encontró entre o equipo cadete masculino contra os familiares de dito equipo.
E ás 19.30 horas comezará o encontro do equipo sénior masculino de Primeira Autonómica contra o equipo de veteráns e antigos xogadores do club.