O CIT da Pontenova organizará a súa asemblea ordinaria o vindeiro 25 de marzo
AMariñaXa
O CIT da Pontenova organizará a súa asemblea ordinaria o vindeiro 25 de marzo ás para tratar as contas e a renovación de cargos.
27 Feb 2022
O CIT da Pontenova organizará a súa asemblea ordinaria o vindeiro 25 de marzo ás 20.30 horas para tratar as contas do exercicio anterior e a renovación de cargos.
Así mesmo, trataranse outros temas como son as actividades para este ano 2022 como un curso de inglés, a Cabalgata de Reis, a festa de Entroido, a celebración dun concurso social de pesca nos cotos de Xinzo e Vilarmide, outro concurso no río Eo, unha paellada anual para os socios, a limpeza do río Eo, etc.
Sen dúbida outra das actividades das que se falará e que máis tradición ten será Festa da Troita, que este ano chega a súa 43 edición, e o concurso do Salmón e o de cola de rata, que xa conta con data de celebración e será o 30 de abril e 1 de maio.