O CIT da Pontenova e o Concello organizan a tradicional fogueira de San Xoán
AMariñaXa
O CIT da Pontenova e o Concello organizan a noite do venres 23 de xuño a tradicional fogueira ou cacharela de San Xoán,
20 Xuño 2023
O CIT da Pontenova e o Concello organizan a noite do venres 23 de xuño a tradicional fogueira ou cacharela de San Xoán, na que contarán con petiscos e música na contorna do forno do Boulloso.
A organización informa de queás 19.00 horas será a xornada de portas abertas para os nenos no bosque infantil do Boulloso, e ás 21.30 horas haberá un concurso de tortillas con premio, que estará valorado nunha cea para dúas personas no Lar de Balbina e no San Briz.
Xa ás 22.00 horas será a degustación das tortillas acompañadas de chourizos á grella, torreznos e pan. Ademais haberña servizo de bar e música a cargo da Asociación Musical A Chocolateira.