O Circuíto de Teatro Profesional fai unha parada en Mondoñedo

AMariñaXa
O Auditorio Municipal acolle a obra Rara Avis, unha comedia para maiores de 13 anos
Rara Avis obra
28 sep 2024

Este sábado o Auditorio Municipal de Mondoñedo acollerá a representación da obra 'Rara Avis', da compañía Lîlâ Teatro, dentro do Circuíto de Teatro Profesional impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. 'Rara Avis', unha comedia dirixida a un público maior de 13 anos, conta a historia de Paloma, unha muller que, a través do humor, a empatía e a coraxe, consegue reconciliarse co seu pasado e afrontar un futuro cheo de esperanza.

A obra, de 70 minutos de duración, busca honrar ás persoas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo. Esta función en Mondoñedo forma parte das 59 representacións programadas por toda a provincia, co obxectivo de achegar o teatro profesional a todos os públicos.

0.19978594779968