O Circuíto de Teatro Profesional chega a Mondoñedo co espectáculo Rara Avis o 28 de setembro

AMariñaXa
O Auditorio Municipal acolle o 28 de setembro a obra Rara Avis, unha comedia para maiores de 13 anos
Rara Avis obra
22 sep 2024

O 28 de setembro, o Auditorio Municipal de Mondoñedo acollerá a representación da obra 'Rara Avis', da compañía Lîlâ Teatro, dentro do Circuíto de Teatro Profesional impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

'Rara Avis', unha comedia dirixida a un público maior de 13 anos, conta a historia de Paloma, unha muller que, a través do humor, a empatía e a coraxe, consegue reconciliarse co seu pasado e afrontar un futuro cheo de esperanza. A obra, de 70 minutos de duración, busca honrar ás persoas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo.

Esta función en Mondoñedo forma parte das 59 representacións programadas por toda a provincia, co obxectivo de achegar o teatro profesional a todos os públicos.

0.097439765930176