O cine sairá máis barato estas dúas fins de semana de outubro

Pechouse unha nova colaboración a 3 bandas entre a Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro, a Asociación Prato-Do e Cines Viveiro para fomentar a cultura cinematográfica nos mais novos con descontos nas entradas.
"O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós máis novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla. Hoxe en día temos acceso a miles de pelis a través dun sinfín de plataformas, pero non é o mesmo... a maxia ou a “experiencia do cine é algo que non se pode desfrutar dende o sofá da casa. Que os rapaces socialicen, que interactuen con algo mais que non sexan pantallas de móbil, que queden para ir en pandilla ó cine...·, explican os organizadores.
Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para acadar a visibilidade que merece "o esforzo que conleva ter películas de primeira, estreas ó mesmo tempo que no resto do territorio nacional, nun cine local, o único cine en máis de 60 kms á redonda. Polo que animamos, non sño agora, senón tamén no resto do ano a incluír nos nosos plans pasar unha tarde de Cine".
Nesta promoción, ó igual que nas anteriores, serán vales desconto de 2 euros para poder escoller entre 5 películas de animación Sketch Cuidado con lo que dibujas, Super Agente Hit Pig, Los tipos malos 2, Tom y Jerry Aventura en el Tiempo ou Capitán Diente de Sable y la Condesa de Grel.
Ponse en marcha a promoción unha fin de semana para Viveiro e outro fin de semana para a Mariña Occidental. Polo que haberá vales tanto para o 18 e 19 como para o 25 e 26 de outubro. Na primeira fin de semana poderanse beneficiarse os nenos dos colexios de Viveiro e na seguinte fin de semana serán os nenos dos colexios da mariña occidental.
Para a primeira fin de semana os vales serán entregados nos colexios de Viveiro, CEIP de Celeiro, CPR Plurilingüe Landro, EEI San Roque, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP Plurilingüe de Covas e o CEP Lois Tobío, e na segunda fin de semana irán aos colexios CEIP Os Castros e Vista Alegre de Burela, CEIP Península da Paz e CEIP de Cervo, CEIP do Vicedo e CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove, chegando así a outros colexios da comarca.
É importante recalcar que é necesario entregar o vale físico en taquilla para que se poida aplicar a promoción. Se acude un núcleo familiar e os rapaces entregan os vales, tamén se lles aplicará o desconto ó resto de membros desa unidade familiar.
Así pois, o desconto será directo ó presentar o vale en taquilla, pero tamén se pode canxear previamente ó comprar a entrada online en www.cinesviveiro.com coas indicacións que figuran no propio vale.