O CIM de Viveiro celebra o 9 de marzo a tradicional Cea-Baile de Irmandade con motivo do 8M

AMariñaXa
Viveiro propón un amplo programa de actividades para impulsar a igualdade real con motivo da celebración do 8 de marzo
24 Feb 2024

O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Muller e o Centro de Información ás Mulleres, celebra o próximo 9 de marzo a tradicional Cea-Baile de Irmandade con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.

Esta iniciativa supón un punto de encontro entre as mulleres de Viveiro fomentando as relacións sociais e o seu tempo de lecer.

“Esta cea é un acto de unión e de solidariedade entre as mulleres de Viveiro”, subliña a alcaldesa, María Loureiro. A cita será o sábado 9 de marzo no Restaurante Louzao (Area-Viveiro)

A velada estará amenizada por un grupo musical e haberá sorteo de regalos. O custo será de 50 euros e as mulleres interesadas poderán retirar a súa tarxeta no restaurante Louzao de Area ata o xoves 7 de marzo.

Para calquera información dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres (982 550 421 – 982 562 149) ou ao restaurante Louzao (982 550 642 – 982 551 042).

0.19479393959045