O CIM de Mondoñedo recupera o seu tradicional concurso Debuxando en Igualdade
O CIM de Mondoñedo recupera este ano o seu tradicional concurso Debuxando en Igualdade, dirixido ao alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato dos centros educativos dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e Riotorto.
O traballo consistirá nun debuxo en soporte cartolina de tamaño mínimo DIN-A4 e máximo DIN-A3, podendo utilizarse todo tipo de técnica e sen limitación de número de cores.
No caso de que a obra leve incluído un slogan ou lema, este deberá ir redactada en idioma galego.
Os traballos serán entregados á persoa que o centro escolar designe e a data máxima para presentalos é o venres 25 de marzo de 2022, incluído, data a partir da cal serán recollidos por persoal do CIM. O fallo do concurso farase público o día 31 de marzo de 2022 a
través dos medios habituais.
Haberá dous premios por cada categoría, reservándose o xurado o dereito de declarar deserto algún dos premios no caso de que os traballos presentados non alcancen o nivel suficiente, e consisitrán nun lote de libros e material escolar.
As bases poden consultarse no seguinte enlace web.