O CIM de Burela programa diferentes actividades para conmemorar o 25N

TerraChaXa | AMariñaXa
O CIM de Burela programa diferentes actividades para conmemorar o 25N, Día contra a Violencia de Xénero.
Anotación 2020 08 07 091718
23 Nov 2020

A Concellería de Muller e Igualdade de Burela programa para esta semana diversas actividades en torno á conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero, que se celebra o día 25 deste mes.

Bufando (Burela Actúa Fronte Á Violecia De Xénero) contará o vindeiro mércores, día 25, ás 12:00 horas, na Praza do Concello terá lugar a lectura do manifesto institucional do Día contra a Violencia de Xénero. Ademais procederase á difusión e ao reparto de material do programa Bufando (Burela Actúa Fronte á Violencia de Xénero) e da campaña En Negro contra as Violencias. Tamén se informará sobre o V Plan de Acción Municipal para a Igualdade entre Homes e Mulleres do Concello de Burela.

Os días 26 e 27, xoves e venres desta semana, no Salón de Conferencias do Concello de 9:30 a 13:30 horas celebraranse as xornadas sobre Competencias dixitais para o emprego e o emprendemento, dirixidas a mulleres e impartidas pola Fundación Mujeres. Ademais o día 26 ás 12:30 horas no Salón de Conferencias terá lugar a xornada titulada Prevención do Acoso na Rúa, dirixida a toda a poboación e impartida por Fundación Mujeres.

Do 23 ao 29 de novembro a fachada do Concello estará iluminada de morada e tamén se colgará da fachada unha pancarta conmemorativa.

Todas as xornadas teñen prazas limitadas e requiren inscrición previa. As persoas interesadas poden inscribirse no CIM, no teléfono 982 580 609 e a través do correo electrónico cim@burela.org.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1763858795166