O Cim de Burela organiza o XIII Concurso de Microrrelatos
TerraChaXa | AMariñaXa
O Cim de Burela organiza o XIII Concurso de Microrrelatos
26 Nov 2020
O Cim do Concello de Burela organiza o XIII Concurso de Microrrelatos polo Día Internacional para a eliminacion da violencia contra as mulleres.
Poderán participar no concurso calquera persoa e a temática será a elminación da violecia contra as mulleres e a promoción da igualdade.
Os traballos presentaranse en A4 cunha extensión de medio folio nas oficinas do CIM antes do 5 de decembro ás 14.00 horas.
O xurado estará composto por persoas do mundo da cultura e das letras, así como, persoal do Concello e do CIM e o fallo darase a coñecer antes do 22 decembro.
Haberá premios para dúas categorías e a entrega de premios farase nun acto público aínda por determinar.