O Cifp Porta da Auga, de Ribadeo, organiza unha xornada pola igualdade con tres charlas
O Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga, de Ribadeo, organiza unha xornada pola igualdade no centro. Inclúe tres charlas a cargo de expertos e un concerto do grupo De Vacas. Será o vindeiro xoves, 6 de febreiro, no auditorio municipal Hernán Naval, con entrada libre e gratuíta.
Na presentación o director do Porta da Auga, Isidro Berdeal, anunciou que “as xornadas pola igualdade están organizadas desde a Comisión de Igualdade do centro en colaboración co Comité Lila do IES Dionisio Gamallo Fierros, de Ribadeo, o propio Concello de Ribadeo e tamén co IES de Foz. Nestas xornadas vai haber unha serie de ponencias que foron organizadas a través do plan de igualdade do centro”.
A profesora que coordina a Comisión de Igualdade do CIFP ribadense, Sara González, explicou que “la primera ponencia que tenemos se llama El silencio también educa: la mala educación sexual. Va a ser de 10 a 12 de la mañana la ponente es Martina González Veiga, que es psicóloga general sanitaria y está especializada en sexología. Lo que pretendemos con esta ponencia es fundamentalmente llegar al alumnado mayoritariamente adolescente y que tengan un conocimiento de lo que es la educación sexual, sobre todo sana y responsable, y todo vinculado al papel que ejercen ellos dentro de la sexualidad y en la sociedad”.
A continuación unha das representantes do alumnado na Comisión de Igualdade do Porta da Auga, Lucía Díaz, engadiu que “a segunda ponencia será Masculinidades Igualitarias, que será impartida por Pepe Cabido Pérez que é un profesor de Filosofía, tamén é membro do Equipo de Igualdade do IES Fontexería, de Muros, e ademais é experto en masculinidades igualitarias”.
Outra das representantes do alumnado do Porta da Auga, Melina Santamaría, comentou que “a charla que vai haber desde as catro e media ata as seis da tarde, que se chama A igualdade e lei, hai que cumprila vai ser impartida por Marian Moreno Llaneza, profesora de Lingua Castelá e Literatura desde o ano 1990 e que posúe unha ampla formación en igualdade, ademais con experiencia profesional como asesora técnica docente no centro de profesorado de Avilés. A charla vai ir sobre coeducación, que é importante educar desde a igualdade e que as persoas poidan escoller libremente a súa formación sen ter en conta o seu xénero ou sexo”.
Teresa González, a coordinadora do Comité Lila do IES ribadense Dionisio Gamallo, explicou que ese colectivo explicou: “colaboramos un pouco na organización destas xornadas basicamente porque pode haber un programa moi bo pero se falla o público non se conseguen os obxectivos. Nós agradecemos a organización delas porque dan oportunidade de formarnos como colectivo e, xa que o público vai ser basicamente xente moza, o broche de ouro póñeno De Vacas, que son tres mulleres que nos demostran que a música non é machista, o que é machista son as letras; entón con moito sentido do humor danlle a volta a moitas cancións e ao mesmo tempo son cancións críticas que convidan a ver a vida dunha forma crítica pero lúdica ao mesmo tempo. Moi coñecido foi o seu tema Despacito, onde se lle deu a volta a esta letra que en principio non era moi igualitaria. Grazas ao Porta da Auga, á comisión de igualdade, por traer estas pedazo xornadas para Ribadeo”.
E o profesor do Porta da Auga Adrián López, que é membro da Comisión de Igualdade do centro, rematou a presentación: “consideramos que as xornadas que se van levar a cabo o vindeiro día 6 de febreiro son unha boa oportunidade para seguir afondando na formación no ámbito da igualdade. Tratamos de enfocalo dende diferentes perspectivas, de xeito que cada unha das ponencias que se van tratar aborden distintos aspectos da igualdade de xénero, tocando o tema da sexualidade a partir da charla de Martina González. Tamén cremos que é importante incidir sobre o cambio de rol que debe haber por parte das figuras masculinas na sociedade para que sexa máis igualitaria. Tampouco podía faltar a perspectiva de coeducación tan necesaria sobre todo á función de docentes e tamén para a perspectiva do alumnado. A parte formativa complementámola co concerto do grupo De Vacas para facer un peche un pouco máis lúdico e tratar de convertelo nunha xornada amena e sobre todo produtiva. Esperamos atopar alí a todas e a todos o día 6 para que veñan compartir con nós esta xornada”.