O certame Vilas en Flor outorgoulle dúas flores a Mondoñedo

AMariñaXa
O certame Vilas en Flor outorgoulle 3 flores ao Concello de Mondoñedo polo interese do municipio no paisaxismo e o medio ambiente.
panoramica mondonedo
8 Dec 2023

O certame Vilas en Flor outorgoulle outro ano máis 2 flores ao concello de Mondoñedo polo interese do municipio no paisaxismo e o medio ambiente. Tamén foi valorable o mantemento dos magníficos cipreses do cemiterio.

Esta iniciativa está organizada pola Asociación de Viveristas del Noroeste (ASVINOR), a Asociación de Empresas de Xardinería de Galicia (AGAEXAR); e a Fundación Juana de Vega.

Desde Vilas en Flor destacan o interese "deste concello polo paisaxismo e o medioambiente. A contorna da fonte monumental e a recuperación do recinto abovedado convertido en museo de pezas hidráulicas ou o proxecto para poñer en valor os restos das antigas instalacións de captación de auga nunha zona do antigo mosteiro".

"Valoramos o mantemento dos magníficos cipreses do cemiterio e a iniciativa de implantar dez novas variedades de roseiras enxertadas por alumnos da escola taller nunha nova zona axardinada. Por outra banda, continúan coa política de xardineiras con flores nos balcóns", engadiron.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15519714355469