O Certame de teatro ConVida no Rural de Barreiros concluíu coa entrega de premios
Este domingo celebrouse a gala final do I Certame de Teatro Amador ConVida no Rural, organizado polo Concello de Barreiros e o Colectivo Cultura Ollomao coa colaboración da área de Medio Rural da Deputación de Lugo.
Durante o acto, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, premiáronse as mellores interpretacións e obras entre as oito montaxes de compañías de Galicia, Burgos e Madrid, que se programaron ao longo do mes de outubro no marco do certame.
Así os premios aos Mellores actriz y actor de reparto foron para Yolanda Lozano e Xoán Padín, ambos por O aturuxo de Melpómene.
Os premios aos Mellores actriz e actor principarl foron para Cristina Hipólito e Laura de la Torre por A Cholón, e Ramón Ángel Ares po A Adala.
O premio Especial do público foi para a obra Vivan os noivos de A Adala, o segundo premio á Mellor obrar levouno A pena do cú do mundo por O aturuxo de Melpómene, e o de Mellor obra foi para El lazarillo de Tormes de El duende de Lerma.
A gala concluíu coa representación da obra “O documento” do Colectivo Cultural Ollomao.