O Certame de teatro ConVida no Rural de Barreiros chega ao seu ecuador
O vindeiro sábado 22 de outubro nos colexios vellos de San Miguel de Reinante terá lugar a representación da obra “A pena do cú do mundo” do grupo Atururxo de Melpómene (Narón) dirixida polo artista Leandro Lamas. O Domingo 23 será a quenda para o veciño grupo A Adala (Fazouro) que representará a súa obra “Vivan os noivos” no Centro Sociocultural de San Cosme. Ambas representacións serán ás 19:30 horas, sendo a entrada de balde e recomendadas para público adulto.
O primeiro certame de teatro organizado polo Concello de Barreiros e o colectivo cultural Ollomao e que conta co financiamento da área de Medio Rural da Deputación Provincial chega así ó seu ecuador. Segundo Dani García, concelleiro de dinamización e participación veciñal “está sendo un certame no que o público asistente pode disfrutar de distintas modalidades de teatro, dende un bululú ata unha obra de teatro musical e representacións tanto cómicas como outras de intriga”.
Dende a organización animan a toda a veciñanza de Barreiros e dos arredores a achegarse a disfrutar das vindeiras obras deste primeiro certame de teatro amador e a ser partícipe coas súas votacións do premio do público que segundo Dani García “á xente estalle gustando ser xurado do premio do público coas súas votacións e estamos agradecidos pola acollida que está tendo o certame”.
- 8 Outubro
- Obra: Departamento de selección
- Grupo: Disfunción continua (A Estrada)
- Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
- 9 Outubro
- Obra: Crime desorganizado
- Grupo: Agrupación teatral mariñá (Betanzos)
- Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
- 15 Outubro
- Obra: El lazarillo de tormes
- Grupo: El duende de lerma (Burgos)
- Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
- 16 Outubro
- Obra: O muro
- Grupo: Grupo humorístico Trípode (Alfoz)
- Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
- 22 Outubro
- Obra: A pena do cú do mundo
- Grupo: O Aturuxo de Melpómene-Carrachanacacha (Narón)
- Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
- 23 Outubro
- Obra: Vivan os noivos
- Grupo: A Adala (Fazouro)
- Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
- 29 Outubro
- Obra: Es tu vida, húndela como tú quieras
- Grupo: A cholón teatro (Manzanares El Real)
- Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
- 30 Outubro
- Obra: A derradeira bala
- Grupo: Farándula Velutina (Corcubión)
- Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme