O centro social de Ribadeo acollerá un curso de primeiros auxilios o vindeiro día 19
AMariñaXa
A actividade enmárcase no Plan Corresponsables da Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo AFAMMER
16 Xuño 2024
O 19 de xuño terá lugar un curso gratuíto de primeiros auxilios no centro social de Ribadeo.
A actividade enmárcase no Plan Corresponsables da Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo AFAMMER, grazas ao convenio de colaboración firmado por este colectivo coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explicou que “el horario del curso será de 16.00 a 21.00 horas cun aforo limitado a 18 persoas. El teléfono para apuntarse será el del Ayuntamiento de Ribadeo: 982 128 650”. E animou “a los interesados a anotarse”.