O centro social de Cabarcos, en Barreiros, acolle unha charla do plan maior de seguridade

AMariñaXa
Barreiros retoma o plan maior de seguridade. A charla desenvolverase atendendo aos protocolos establecidos, con control de aforo
plan seguridade maior 2022 barreiros 1
1 Feb 2022

O Concello de Barreiros organiza un Plan Maior de Seguridade que será no centro social de Cabarcos o xoves 3 de febreiro ás 15.30 horas.

Estas charlas tratarán temas de prevención e mellora das seguridade na casa das persoas maiores fronte aos roubos ou calquer problema con terceiras persoas.

A entrada é gratuíta pero conta con aforo limitado, e lembran que é necesaria a inscrición previa no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao teléfono 982 317 143 en horario de 10 a 14 horas de luns a venres.

A charla desenvolverase atendendo aos protocolos establecidos, con control de aforo e sendo obrigatorio o uso de máscara en todo momento.

0.1920599937439