O Centro Dramático Galego celebra o seu 40 aniversario cunha representación en Alfoz

AMariñaXa
O Centro Dramático Galego en coprodución con Utópica rodante presentará o texto de Roi Vidal De Vilalegre a Vilatriste a bordo do Furgón Utópico
vilatriste_vilaalegre
Cartel
19 May 2024

O próximo 25 de maio chega a Alfoz o Centro Dramático Galego para celebrar o seu 40 aniversario cunha programación especial que está a levar a xira por 100 concellos de Galicia. O Centro Dramático Galego en coprodución con Utópica rodante presentara o texto de Roi Vidal De Vilalegre a Vilatriste a bordo do Furgón Utópico.

A peza poderá gozarse a partir das 18.00 horas no aparcadoiro da piscina municipal ou no pavillón municipal en caso de choiva.Trátase dunha creación de pequeno formato baixo a dirección artística de Teatro o Cubo. Nas aforas de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha brétema misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza.

Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as habitantes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros intentan compartir o seu achado atopan de fronte a desconfianza e rexeitamento dos veciños.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16173791885376