O centro de maiores de Trabada celebra o seu quinto aniversario
O Centro de Maiores de Trabada celebrou o seu quinto aniversario, cunha xornada festiva de xogos tradicionais e música que as persoas usuarias compartiron cos nenos e nenas do colexio de educación Infantil e Primaria. “Un día de celebración nun centro de maiores moi importante para o Concello de Trabada, cinco anos cunha xestión centrada nas persoas, un modelo de residencia no que se pretende que os maiores manteñan o vínculo co seu medio, cos seus familiares e amigos”, explica o alcalde, Rubén García.
O Concello de Trabada aporta 70.000 euros ao ano para a xestión do centro, compartida coa Deputación de Lugo. “Estamos moi comprometidos co benestar dos nosos maiores, que despois dunha vida intensa e de traballo merecen os coidados que reciben no centro de maiores de Trabada”, engade o alcalde.