O Centro de Formación Ocupacional de Burela organiza un curso
O Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela, organiza un curso de Xestion Integrada dos Recursos Humanos cunha duración de 808 horas.
Este curso integrado dentro da programación de accións formativas de formación profesional para o emprego, capacita para levar a cabo a xestión administrativa de todas as actividades vinculadas á administración dos recursos humanos no marco de calquer empresa ou organización, dacordo cos obxectivos marcados e a lexislación vixente.
O curso é totalmente gratuito e contempla a posibilidade de soilicitar distintas axudas para o alumnado. Dentro da súa programación levaranse a cabo prácticas profesionais en distintas empresas do sector.
Os interesados poden dirixirse ao Centro de Formación Ocupacional sito na avenida Arcadio Pardiñas, 137 ou ben contactar a través do teléfono 982 580 624 ou vía mail cfo@burela.org.