O Centro Cultural Santa Emilia de Mondoñedo acollerá un concerto de Nadal

AMariñaXa
Mondoñedo acollerá o 10 de marzo no auditorio un concerto homenaxe ás aviadoras españolas da aviación arxentina
26 Dec 2023

O Centro Cultural Santa Emilia de Mondoñedo acollerá o vindeiro 30 de decembro ás 20.00 horas o concerto de Nadal 'Jóvenes Talentos'.

Este evento especial contará coa participación do Mestre Juan Rezzuto, un pianista e compositor de renome internacional, e director de WKMT London.

Este concerto é unha oportunidade única para gozar dun repertorio de obras mestras interpretadas por novos talentos de Arxentina, Cuba , Mexico e talentos locais. Cada un destes artistas achegará o seu propio estilo e perspectiva, creando unha experiencia musical verdadeiramente global.

O Mestre Juan Rezzuto, coñecido polo seu profundo entendemento do piano, a composición e a tecnoloxía musical, achegará a súa experiencia e mestría ao evento. A súa participación é un testemuño da calidade e o nivel dos novos talentos que se presentarán.

0.15057587623596