O Centro Comercial Histórico de Viveiro presenta a súa campaña de Nadal
A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro en colaboración coa área de Comercio do Concello de Viveiro, comeza nestes días cunha morea de actividades, concursos e sorteos. Este ano apostan por reforzar a decoración da rúa, e ás máis de 120 árbores de luces leds, que estarán colocados nas entradas dos comercios, suman unha nova decoración de escaparates cunha guirnalda navideña de dous metros de longo.
A atmosfera do Nadal tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ao fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano. Dende o luns 9 instalarase a árbore de luces xigante na Praza Maior. Con case 11 metros de altura este ano incrementáronse o número de luces led que leva incorporadas e acondicionouse o valado exterior da mesma con publicidade de tódolos negocios asociados ó CCHV. Dende o día 12 ata o 7 de xaneiro porase en marcha un concurso de Selfies na árbore de Nadal, con premios e sorpresas para as fotos máis divertidas.
Tamén se instalará nos Xardíns Noriega a “Casita de Papá Noel”, que funcionará en horario de 17.00 ata as 20.00 horas da tarde do 21 ó 24 de decembro. Os negocios asociados ó CCHV están a repartir 8.000 cartas entre os nenos da vila para que lle poidan escribir a Papá Noel a carta a depositar na casita. E nas vindeiras semanas farán o propio tamén cas cartas para os Reis Magos.
Do 21 ó 24 Papá Noel e os Elfos recibirán ós nenos, recollerán tódalas cartas e atenderán as peticións dos máis pequenos. Este ano ó carón da Casita colocarase tamén un buzón xigante onde os nenos poderán depositar as súas cartas no horario no que a casita non esté aberta. "Continuamos así un clásico do Nadal de Viveiro, ó que acoden moitos nenos
da comarca cheos de ilusión. Pero non nos podemos esquecer dun persoaxe tan noso, como é o Apapador, que recorrerá as ruas de Viveiro na mañá do 24 de decembro, e o dia 28 fará o propio o Paxe Real das suas Maxestades de Oriente", afirman.
O día 23 ás 17.00 horas haberá un obradoiro de Música Electrónica con DJ Karras Martinez, na sala do Conservatorio de Música. E o máis esperado do Nadal e polo que moitos clientes nos preguntan dende hai días: "É o sorteo dos tres soldos de 1.200 euros do CCHV. Pero este ano voltaremos sortear catro e tres destes premios serán sorteados como sempre no sorteo presencial da Praza Maior, e o outro soldo será sorteado a través da App Viveiro CCH simplemente con subir os tickets das compras dende o día 9 de decembro ata o 5 de xaneiro. Este ano adiantamos o reparto das papeletas para o sorteo presencial e será a partir do día 16 cando se comecen a repartir cas compras realizadas nos comercios asociados e entregaranse ata o día do sorteo ou ata agotar os 150.000 números. Lembramos que o premio consiste en tres soldos de 1.200 euros cada un en vales
de compra, repartidos ó longo dun ano, sendo 100 euros ao mes para cada un dos tres agraciados, e o mesmo para o soldo sorteado a través a App".
O sorteo, por primeira vez en moitos anos cambia de día, realizarase o 3 de xaneiro ás 21.00 horas na Praza Maior de Viveiro, e estará presentado por Dani Rios. Este sorteo vai xa pola 12a edición, e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal. "Este ano tamén queremos mimar cada agasallo que se merque no comercio local polo que se repartiron entre os negocios asociados, 20.000 bolsas de papel, sobres regalo e pegatinas, un packagin para preparar os agasallos de Nadal e que o comercio local marque a diferencia. E para os que están sen ideas e non saben que mercar, poñemosllo un pouco máis fácil coas Tarxetas Regalo do CCHV, que son un acerto seguro. Estas Tarxetas fanse personalizadas e pódense gastar en máis de 120 negocios asociados. O comercio local abrirá os domingos do 22 de Decembro e o 5 de Xaneiro", afirman.
"Gran cantidade de actividades, sorteos e premios para dinamizar unha das épocas máis importantes para o comercio local, e acadar que Viveiro continúe a ser, un ano máis, referente de compras en toda a comarca. Este Nadal queremos que cada visita ao noso centro comercial histórico sexa unha experiencia única e inesquecible", engadiu Iria Cotelo.